lunes, julio 06, 2009

Ya soy un niño grande

Fai uns días collín a moto e fun ata o caixeiro automático do Pastor a sacar pasta. Cando estaba arrimando a moto a un lado, a uns chavales que estaban alí na plaza xogando ao fuchibol escapoulles o balón, que tras bater na luna dun coche veu caer cerca da moto. Eu abaixeime, collina, e cando lla iba botar de volta un deles dixo:

- Hey, señor!

facendo gestos coas mans e tal.

E daquela dinme conta de que xa non son un rapaz.

domingo, junio 28, 2009

Unha gilipollez menos

A túa conta en Facebook foi desactivada.


Para reactivar a túa conta, logueate co teu enderezo de correo e o teu contrasinal. Poderás volver a usar a túa conta coma sempre.

Esperamos verte pronto de novo.


O que non atopei foi a maneira de eliminala. Cago no demo...

viernes, junio 26, 2009

O temilla dos libros

Alá por finais do ano pasado, tivo lugar unha curiosa conversa entre o Moixo e máis eu. Resulta que había un fulano nalgures que resultara que lera 52 libros aquel ano. Un por semana, vaia

E o caso é que ao final eu soltei algo como "tampouco é para tanto", e calculei que eu tamén o podería facer. Ler un libro á semana durante este 2009. De media, vamos.

O tema é que xa van alá unhas 25 semanas (aprox.), pero non 25 libros. Aí vai unha lista, en orde cronolóxico:

  • El nombre de la Rosa
  • El Clan del oso cavernario
  • Su último saludo en el escenario (uns relatos breves sobre Sherlock Holmes)
  • La isla del tesoro
  • -Viaje al centro de la tierra
  • Relato de Arturo Gordon Pym
  • OSDA: A irmandade do Anel
  • OSDA: As dúas Torres
  • OSDA: O regreso do Rei

A estas alturas, vin que me iba quedando corto o tempo, e decidín centrarme en libros "menos tochos"...

  • - Crime en Compostela
  • Morning Star
  • Dos arquivos do trasno
  • Das cousas de Ramón Lamote
  • - Xa vai o Griffón no vento

Estes últimos, casualmente, son todos dunha colección de libros galegos que anda pola casa e que viñera coa Voz xa hai anos.

Notas, apreciacións e tal:
  • OSDA significa O Señor dos Aneis. Hai uns anos, ao meu irmán entráralle a vena de ler esta clase de cousas. Eu intentárao, pero parecéranme un soberano coñazo. Desta volta, desfruteinos bastante. E, ao acabar o primeiro, incluso vin a peli, e fun capaz de terminar de vela e todo... É unha edición en galego anterior á actual normativa.
  • Os libros que teñen un "-" diante son os que empecei a ler, pero aínda non acabei. Pero que si que vou a acabar. Non incluín libros que empecei e que pensei "noooo... non vou seguir con el". Pasoume con Rayuela, Pensa Nao, El Padrino - el regreso (mamasita, cousa máis mala, che), Hannibal, e varios máis. Xa caerán noutro momento.
  • O feito de ter algo máis de tempo libre inflúe de xeito francamente positivo no volume de letras que vou lendo. Cando empezou este mes iba polo primeiro dos do Señor dos Aneis. E co tema da xornada intensiva, foron caíndo os seguintes... Practicamente seis libros este mes, non ta mal.

Crítica literaria (que non se diga que non son polifacético, carallo):

  • El nombre de la Rosa: un libro fantástico, que xa lera algunha vez, e que volverei a ler moitas veces si Dios quiere (y el alcalde no lo impide)
  • El clan del oso... Non esperaba nada del, e resultou ser bastante entretenido. Se cadra algún día comprarei o resto da saga e lereinos.
  • La Isla del Tesoro: un clásico da litaretura xuvenil que se le nunha tarde se tes tempo. Ou dúas, se tal. E que non está de máis ter lido. Piratas, tesouros...
  • Os do Señor Dos Aneis: moi, moi entretenidos (salvo capítulos matadores). Tamén fixeron películas, se vos da menos pereza...
  • Dos arquivos do Trasno: unha recopilación de contos, que inclúe tres que son xa clásicos no noso mundo. O vello que quería ver o Tren, Da morte do Bieito, O neno suicida. O primeiro xa sabedes cal é. O Bieito era aquel que se remexera na caixa, e que por mor da vergoña do protagonista foi finalmente enterrado vivo... E o terceiro é a historia daquel home que naceu da terra como octoxenario, e foi vivindo cara atrás, ata que decidiu pegarse un tiro aos oito anos. Mira ti por onde, que eu pensaba que eran os tres de Castelao, e son de ...Dieste? teño que miralo, pero creo que si.
  • Das cousas de Ramón Lamote: contos que teñen como protagonista a don Ramón, profesor de chairego antigo e debuxante de soños. Paco Martín viñera de pequeno á miña escola, e recordo que unha das preguntas que se lle fixeran foi "ti de que equipo es?"... Contos para nenos de todas as idades.
  • Crime en Compostela: Putas, constructores, detectives, xornalistas, chulos e bares, e o pórtico da Gloria, todos soltos por Santiago adiante. Aínda non lin o final, así que non sei quen matou ao Aurelio...
  • Morning Star: Unha grata sorpresa. Con moito regusto a "La isla del tesoro", hai que dicilo. Un rapaz vive co seu pai nunha taberna, e un día chega un tolleito. A partir desa, piratería, bandolería, asasinatos, torturas, cegos, guerra... O século dezanove en Galicia...

De lado da cama teño tres ou catro libros que han de ir despois dos que tou a ler ahora. Arraianos, de Ferrín, Polaroid, de Suso de Toro e outro vello conocido: A Esmorga, de Blanco Amor.

Cousas de min que aprendín este ano (ou que xa sabía e recordei):
  • Non teño o menor problema en ler tres ou catro libros á vez. De feito, axúdame bastante. Se me poño só con un, pode chegar a aburrirme anque sea boísimo. Esta condición, lamentablemente, exténdese a outras facetas da miña vida. Así é que non son capaz de centrarme en nada no traballo, ou cando estudiaba, ou eu que sei...
  • Non me quedo co nombre da xente, nin na vida real nin nos libros. Pero non impide que siga coa miña vida, ou padiante cos libros...
  • Non tolero nada ben a petulancia (vaia, usar esta palabra é un xesto de petulancia de tres pares de carallos...). Non aturo os libros que hai que sufrilos para lelos. Os "exercicios maxistrais de literatura" non van comigo. E pode que sea unha pena, que me perda libros moi bos só porque son raros... Este tema non me pasa coas películas, que se son raras gústanme incluso máis...
  • Ao principio, costábame moito ler en galego. A falta de costumbre, supoño.
  • Hai demasiados libros no mundo. E a vida dun home resulta demasiado corta. Por tal razón vou abandonar a costumbre que tiña de, unha vez comezado un libro, acabalo anque non me guste. Xa atoparei outro que me guste.

Bo tocho escribiches, Chaves...

Vou rematar citando algo que lin, se non recordo moi mal, no blog Vicisitud y Sordidez:

Esta noche hemos quemado un libro y arrancado un árbol. Sólo nos queda practicar un aborto...

Hala, chavales, deica outro momento.

jueves, febrero 19, 2009

5 secretos para escribir coma un ninja

Ás veces, encóntrome sen nada que dicir, e sen embargo, decido escribir unha entrada igualmente. Algunha vez tuveches este problema? A min pásame. E pensei que sería divertido compartir algúns secretos con vós sobre como salvar o día cando decides escribir unha entrada sen ter nada que dicir.

Atopei esta cita dunha cita de Jeff Atwood que resume moi ben os meus sentimentos acerca dos blogs e a inspiración:

Considera os teus escritos como unha extensión natural das túas conversas faladas. Se non te sentes cómodo léndoo en alto, reescríbeo ata que o esteas. Nas palabras de Elmore Leonard:
Se soa como escrito, volvo a escribilo.


Secreto #1: Atopa unha boa cita. Cítaa, reescríbea, e fai que a túa entrada trate arredor dela. Para conseguir un efecto extra (no caso de que sintas que non estás dando no clavo), asegúrate de (secreto #1.5)poñer o resumo da frase en negrita, o que lle da o peso necesario para representar resumidamente a cita original dunha maneira diferente, representando a cita orixinal a través da túa.

Asegúrate de seguir a cita inicial (que debería constituir o punto central da entrada) con outra cita para acompañala e apoiala. Isto faite máis listo -incluso se finalmente distrae a atención sobre a cita orixinal. Javi Chaves expresa isto dunha forma moi concisa:

Asegúrate de seguir a cita inicial (que debería constituir o punto central da entrada) con outra cita para acompañala e apoiala. Isto faite máis listo -incluso se finalmente distrae a atención sobre a cita orixinal.
Secreto #2: Inserta unha imaxe completamente aleatoria, de algo que supuestamente simbolice algo:


Secreto #3: Deberías empezar o seguinte párrafo cunha pregunta? Probablemente non. Pero si esto che preocupa, sempre podes contestarte a ti mismo cunha frase en negrita. Esto sempre debe ir seguido dunha cita larga, se se quere facer as cousas como Dios manda:

Primero, se toma un libro de alemán. Es un magnifico volumen, forrado en tela, publicado en Dortmund, y trata de los usos y costumbres de los Hotentotes (en alemán hottentotten). Cuenta que los canguros, (Beutelratten) son capturados y metidos en jaulas, (Kotter), cubiertas con una tela (Lattengitter) para protegerlos de la intemperie. Esas jaulas se llaman en alemán jaulas cubiertas con una tela (Lattengitterkotter) y cuando tienen dentro al canguro, a esto se le llama (Lattengitterkotterbeutelratten), el canguro de la jaula cubierta de tela.
Un día los Hotentotes arrestaron a un asesino (Attentater), acusado de haber matado a una madre (Mutter) hotentota (Hottentottenmutter), madre de un niño tonto y tartamudo (stottertrottel). Esta madre toma en alemán el nombre de Hottentottenstottertrottelmutter y su asesino se llama Hottentottenstottertrottelmutterattentater. La policía lo ha capturado y lo ha metido en una jaula de canguro, (Beuteirattenlattengitterkotter), pero el preso se ha escapado. En seguida comienza la búsqueda y pronto viene un guerrero Hotentote gritando:
- ¡He capturado al Asesino! (Attentater)
- ¿A cuál? -- pregunta el jefe
- Al Lattengitterkotterbeutelratterattentater -- contesta el guerrero.
- ¿Como que al asesino que esta en la jaula de canguros cubierta de tela? -- dijo el jefe de los Hotentotes.
- Sí, es --responde a duras penas el indígena-- el Hottentottenstottertrottelmutteratentater (el asesino de la madre hotentota del niño tonto y tartamudo).
- Anda, demonios --contesta el jefe hotentote-- podías haber dicho desde el principio que habías capturado al Hottentotterstottertrottelmutterlattengitterkotterbeutelrattenattentater.
Secreto #4: Moreas de enlaces. É moi importante que despois dunha cita, especialmente de unha con tanta enjundia coma a cita dos hotentotes, colle-lo fío do argumento e levalo á seguinte idea: Asegurarse de que tes montóns de enlaces a outras cousas importantes que teñas escrito. Especialmente se tratan do mesmo asunto. Enlazarse a sí mismo é importantísimo para obter máis visitas. Jeremy Wagstaff de loosewire pono ben clariño:

É máis unha molestia que un crimen, pero creo que esto é un dos principios máis importantes da rede: os enlaces deberían ser informativos, e non distractorios. Si enlazas a calquera cousa que non sea o que os teus lectores esperan, simplemente estalos a fastidiar.

Está claro que Jeremy entende o impacto que o auto-enlace ten, cando se fai ben.

Secreto #5: O final da entrada é o teu golpe maestro - O que os lectores van recordar mentras preparan os dedos para poñerte a parir nos comentarios. Asegúrate de volver a deixar claro o que dixeches, e (recordando o secreto 1.5) deixa claro que os cinco minutos ou así anteriores foron unha completa perda de tempo para os lectores. Ou, se tal, pregúntalle a eles. Pero non contestes aos comentarios.

Plagiarismo di Plagiarismo


Probablemente coñezades o conceto de plagio. O dereito á cita, dirían algúns. Consiste, en resumiendo, en poñer como propia a obra doutra persona. Pódense plagiar obras, ideas, frases, etc, etc.

Ahí temos xa a idea de plagiar. Imaginemos ahora que a obra a plagiar sea, precisamente, a idea de plagiar. Advertencia de seguridad: lea esto con coidadiño, a min casi me da unha embolia ao escribilo.

O sujeto A plagia unha cousa. O sujeto B pensa "boa idea, esto de plagiar. Vouno facer eu tamén". Plagiar a idea de plagiar.

Probablemente, esto de plagiar a idea de plagiar non sea algo novo no mundo. Imaginemos ahora un sujeto C, que á súa vez pensa "vou plagiar a idea que tuvo B". Recordemos cal era a idea de B. Peligro de bucle...

Polo tanto, poderíase falar de plagiar a idea de plagiar a idea de plagiar. Éche un mundo moi complicado.


Pode que nada de esto teña sentido. E pode que coa seguinte entrada neste meu bló se aclaren algo as cousas. Vai ser un plagio, e á súa vez un homenaje de dimensións épicas a un chaval capaz de convertir o plagio nun estilo literario con carácter propio.

M.J.B.C., ese onvre

martes, enero 27, 2009

chiste de curas

Non me diredes que non é un título caralludo. Hasta pode que, co tempo, se converta nunha sección propia. Ou non.

O caso é que onte vin un programa da TVG chamado "trece badaladas". Bótano antes de "Padre Casares", por se vos interesa. Xa vira un cacho do programa da semana pasada, e ten o seu aquel.

Consiste en contar un pouco a vida cotiá dun cura párroco, coas súas parroquias, as súas misas e tal. O de onte era un cura moi simpático e moi campechano.

O caso é que ao final do programa parece ser costumbre que un dos curas que saíra no programa conte un chiste de curas. O chiste de onte foi tal que así:


Iban dous curas coas súas sotanas. Un deles tiña unha cruz vermella na sotana. Pregúntalle unha vella ao outro.
- E lo, por que aquí o seu amigo leva unha cruz vermella aí na roupa?
- Porque é un cura castrense.
- Aaahhh... así tiñades que estar todos.


O simpático cura contou o chiste e despois engadiu algo como :

- A vella entendera outra cousa... A vella entendera outra cousa...


E, para ser sinceros, a min fíxocheme gracia.

miércoles, octubre 01, 2008

Ocurrió en mi casa


Diálogos que tiñan lugar no meu sofá...

Este é de fai xa un tempo, pero acordoume hoxe, non sei por qué.